A cidade de Pontevedra acolleu na mañá do domingo catro de marzo o Campionato de España de Marcha en ruta e o Campionato de España de Federacións Autonómicas júniors e cadete.
Nun circuíto de dous quilómetros con saída e meta na Avenida de Bos aires
os atletas das diferentes categorías enfrontáronse a un percorrido que transcorría á beira do Rio Lerez pasando pola emblemática Ponte dos Tirantes. Eran numerosos os titulares que destacaban que a
selección olímpica para Londres 2012 empezaba a gañarse en Pontevedra e proba diso é a excepcional calidade dos atletas reunidos dende as 9.00 da mañá nas proximidades do Centro de Tecnificación
Deportiva.
Ademais da disputa dos títulos de Campións de España, enfrontáronse numerosos atletas portugueses co mesmo obxectivo, lograr o seu titulo Nacional. Pola súa banda as diferentes seleccións
autonómicas das categorías xuvenil/júnior e cadete chegaron a Pontevedra cos seus mellores marchadores para pelexar polo titulo. (ir a noticia completa) FOTOS
Cronica Elena González
A cidade de Pontevedra acolleu na mañá do domingo catro de marzo o Campionato de España de Marcha en ruta e o Campionato de España de Federacións Autonómicas júniors e cadete.
Nun circuíto de dous quilómetros con saída e meta na Avenida de Bos aires os atletas das diferentes categorías enfrontáronse a un percorrido que transcorría á beira do Rio Lerez pasando pola
emblemática Ponte dos Tirantes. Eran numerosos os titulares que destacaban que a selección olímpica para Londres 2012 empezaba a gañarse en Pontevedra e proba diso é a excepcional calidade dos
atletas reunidos dende as 9.00 da mañá nas proximidades do Centro de Tecnificación Deportiva.
Ademais da disputa dos títulos de Campións de España, enfrontáronse numerosos atletas portugueses co mesmo obxectivo, lograr o seu titulo Nacional. Pola súa banda as diferentes seleccións
autonómicas das categorías xuvenil/júnior e cadete chegaron a Pontevedra cos seus mellores marchadores para pelexar polo titulo.
A proba raíña en categoría masculina, os 50 km marcha, empezou ás 9.00 da mañá cunha lixeira chuvia e coa ausencia de Mikel Odriozola que se proclamaba o ano pasado en Benicassim Campeón de España.
Dende o inicio o madrileño Jesús Angel García Bragado demostrou que aos seus 42 anos e con cinco participacións en Xogos Olímpicos viña disposto a lograr o titulo e o billete para Londres. Fórmase
un grupo inicial no que ademais do mencionado Bragado, ían os guatemaltecos Erick Barrondo, Eduardo Paau e Jaime Quiyuch, os portugués Joao Vieira, Sergio Vieira e Antonio Pereira, Juan Manuel
Molina, Miguel Angel Prieto e o irlandés Jeffrey Cassin. No quilómetro 5 vanse descolgando atletas deste grupo cabeceiro entre eles o veterano Miguel Angel Prieto, noutra época fichado no Real Club
Deportivo da Coruña.
Ao paso polo quilómetro 10 o primeiro grupo estaba fórmado por Bragado e os tres atletas de Guatemala, por detrás dous españois Juanma Molina e Benxamín Sánchez acompañados de dous dos atletas
portugueses Antonio Pereira e un Joao Pereira nun excelente estado de forma. Por detrás homes importantes como o mencionado Miguel Angel Prieto, Francisco Arcilla ou Luis Corchete. A falta de 15
voltas para o final da proba, dáse un dos tiróns importantes nesta, as consecuencias deste serian que Erick Barrondo e Jaime Quiyuch logran uns metros de distancia sobre Bragado co que enlaza Joao
Vieira, o seu compatriota Antonio Pereira e o terceiro dos atletas de Guatemala Eduardo Paau
Cando se aproximaban ás dúas horas de carreira, Bragado e Joao Vieira soben o ritmo coa intención de recortar distancia aos dous primeiros. Non obstante na cabeza da proba tamén se producirían
cambios, sendo o atleta Erick Barrondo o que comezaría unha pelexa en solitario co obxectivo de lograr a mínima olímpica. A falta de 7 quilómetros para rematar a proba os primeiros postos eran:
Erick Barrondo, Joao Vieira, Bragado, Jaime Quiyuch, Benxamín Sánchez, Luis Corchete, Molina e Prieto. O resultado final da proba supoñería a vitoria, do ganador o ano pasado nos 20 quilómetros
marcha dos Xogos Panamericanos Erick Barrondo que lograba o seu obxectivo con 3.44.59, seguido de Joao Vieira que lograba o titulo portugués e bater o record do seu país con 3.45.17 impoñendo un
ritmo impresionante nos últimos quilómetros e en terceiro lugar Jesús Angel García Bragado que non lograba a mínima pero se alzarse cun novo Titulo de Campión de España cunha marca de 3.51.29. No
podio español acompañaríano en segundo lugar Benjamín Sánchez e Luis Manuel Corchete.
Nos 20 km categorías sénior e promesas feminina Beatriz Pascual vencedora o ano pasado cun rexistro de 1.30.46 situábase na liña de saída xunto o resto de favoritas, entre elas Maria Vasco e Maria
Jose Poves , coa ausencia destacada de Julia Tacks.
Entre as galegas nomes importantes como Lorena Luaces e Eva María Iglesias. No momento de darse a saída, ás 11.15, o lixeiro vento parecía calmado e a temperatura era boa para o desenvolvemento da
proba. Ao igual que sucedeu na carreira masculina dous atletas de Guatemala, Mirna Ortiz e Jamy Amarilis decidiron tomar unha lixeira vantaxe sobre o resto de participantes, por detrás xunto a
Poves e Vasco aguanta o ritmo a atleta do Ourense Academia Postal Lorena Luaces. Non obstante non tardaron, Maria José Poves e María Vasco en darlles o relevo na cabeza da proba e marchar as dúas
en solitario.
No quilómetro seis o dúo de cabeza é seguido a certa distancia da atleta Mirna Ortiz e por detrás as españolas Beatriz Pascual e Lorena Luaces.
Na proba promesa tres atletas destacáronse das demais, Maria Larios, Sandra Yerga e Sara Alonso nos primeiros quilómetros. A primeira en descolgarse deste trío sería a atleta do Ria Ferrol Sandra
Yerga, que vai cedendo metros á medida que a atleta do Covas de Nerja Sara Alonso vai subindo o ritmo.
Na proba sénior continúan dous atletas, Maria Vasco e María José Poves a un ritmo que garante unha excepcional marca en liña de meta. Sería a falta de dous quilómetros cando a atleta Maria José
Poves dá o cambio definitivo para descolgar a medallista olímpica en Sydney 2000, a catalá Maria Vasco. O rexistro de ambas as dúas sensacional, 1.28.15 para a primeira e 1.28.54 para a segunda, a
terceiro atleta en cruzar a meta seria Beatriz Pascual con 1.30.29. A atleta galega Lorena Luaces fixo uns dous últimos quilómetros sensacionais logrando superar a atleta de Guatemala, Mirna Ortiz
e deixando un novo record galego con 1.31.50 así como alcanzando a mínima olímpica.
Por detrás dela outras dúas atletas de Guatemala e a continuación entrarían Raquel González e Eva Iglesias, esta cun rexistro 1.39.32. Na proba promesa primeiro posto para Sara Alonso seguida da
atleta do A.D Maratón Maria Larios e terceira Sandra Yerga.
Nos 20 quilómetros das categorías promesa e veteranos homes houbo dous atletas destacados, por un lado o atleta Luis Alberto Amezcua do equipo Xuventude Guadix que practicamente fixo toda a
carreira en solitario seguido a uns metros nos primeiros quilómetros do atleta veterano Juan Antonio Porras que realizou unha moi boa carreira. Luis Alberto Amezcua no seu debut na distancia
lograría o titulo e unha marca de 1.26. En segundo lugar entraría Mario Sillero.
Nos 10 quilómetros xuvenil e júnior homes destacada actuación da selección galega integrada por Francisco Durán, Armando e Fabio Pereira, Angel Menduiña e Pablo Maciñeiras. Estes atletas lograron a
medalla de bronce nunha proba comandada dende os primeiros quilómetros polos atletas estremeños Alvaro Martin e Ivan Pajuelo. Por detrás un grupo de catro atletas entre os que se encontraba o
galego Francisco Durán xunto con Armando Pereira e Fabio Pereira. Os dous primeiros postos serian para os atletas de Extremadura seguidos de Marc Tur, cuarto o andaluz Juan Antonio Raia, quinto
David Reyes que o ano pasado fora subcampión de España e sexto Francisco Durán.
Ás doce do mediodía daríase a saída á proba xuvenil/júnior e veteranas feminina sobre unha distancia de 10 quilómetros. A selección galega logrou a medalla de ouro nunha excepcional actuación dos
seus atletas en especial Mar Chichon que foi bronce na categoría xuvenil. O igual que rocio Carbia na categoria juniro, O resto de integrantes da selección , Miriam Costas, María Navieras e Marisol
Diz. A vencedora da proba foi a murciana Amanda Cano. En categoría de veteranas a vencedora foi a atleta do Tenerife- Caixa Canarias Teresa Linares.
As últimas probas en desenvolverse foron os 5 quilómetros en categoría cadete feminina e masculina. Os nosos atletas galegos impuxéronse en ambalas dúas categorías logrando Daniel Chamosa e Carmen
Escariz a medalla de prata. Na proba masculina houbo un claro vencedor, Manuel Bermudez cuxo ritmo nos primeiros quilómetros só foi seguido por Daniel Chamosa, por detrás deles un grupo de atletas
galegos e andaluces formado por cinco atletas. A falta de 2 quilómetros o primeiro e segundo posto estaban decididos mentres que Juan Francisco Martin e Enrique Santisteban pelexaban polo terceiro
posto que finalmente lograría o primeiro. O galego Jorge Prieto entraría en quinta posición.
Na proba feminina puidemos ver como dous atletas pelexaron pola vitoria ata o último metro resultando vencedora Alexia Hartmann por diante da galega, que levou o peso da carreira, Carmen Escariz.
No primeiro quilómetro fórmase un grupo de catro atletas seguidas pola atleta galega Maria Abeledo que lograría finalmente alcanzar a cuarta posición. O resto de integrantes da selección eran
Carmen Fuentes, Elena Fraguas e Celia Somoza.
Sensacional xornada de marcha a celebrada en Pontevedra, atletas de diferentes nacionalidades buscando o billete olímpico para os Xogos de Londres e quedou reflectido neste Campionato que a marcha
galega ten un presente excepcional na figura de atletas como Lorena Luaces ou Eva Iglesias e un futuro prometedor coas diferentes seleccións situándose entre as mellores de España.