Resultados

Campionato de España Xuvenil: Unha vintena de atletas galegos compiten no nacional baixo teito

Valencia acolle este fin de semán o Campionato de España xuvenil enpista cuberta, no Pazo dos Deportes-Velódromo Luis Puig. A competición desenvólvese en senllas xornadas de mañá e tarde o sábado día 3 entreas 10,15 e as 20,35 horas, e o domingo en xornada única dende as 10,00ás 13:45 horas.Os atletas galegos que tomarán parte no Campionato de España baixo teito son un total de vinte (11 homes e 9 mulleres)En homes o Coruña Comarca presenta a Mauro Triana en 200, Mario Becerra en 400. e Anxo Blanco en lontitude e triplo. Do Atlética A Silva. Martín Liste competirá en 60 metros, polo Lucus tomarán parte Pablo Modia en 60 e lonxitude,e Miguel Pérez en altura e 60 valos. O Adas con Juan del Rio en 400 e Adolfo Saiz en heptathón. O Ourense Academia Postal con Miguel Otero en 800 e Raico Leguicano en lonxitude. En peso estará Pablo Castro do Atletismo Vila de Cangas

En Mulleres competirán Patricia Carballo en 60 e 200, Marta Lolo en lonxitude e triplo, quen son as representantes do Coruña Comarca,Eugenia Gil do Marineda competirá en 400 metros, ao igual de Aida Amoedo e Raquel Carracelas en peso, ambas as dúas do Vila de Cangas.O Atletismo Femenino Celta presenta a Ana Izquierdo en peso. O Ourense con Aitana Lerguicano e Alba Martinez en 60 valos e triplo e o Comesaña Sporting Club con Carmela Cardama que sairá nos 3000 metros.A priori as mulleres teñen máis opcións de podio, como son o caso de Carmela Cardama, Patricia Carballo, Marta Llolo e Ana Izquierdo Mais información

Compartir: