Todo listo en Pontevedra para a celebración da 81ª edición do
Campionato de España de Marcha en Ruta. A proba, que conta co atractivo engadido de que serve para acreditar a mínima para acudir aos Xogos Olímpicos de Londres, foi presentada hoxe polo
concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos.
O campionato contará cos mellores marchadores españois, pero tamén con atletas de elite procedentes de 10 países. Moi relevantes resultan as presenzas confirmadas das seleccións nacionais de
Portugal e Guatemala, pero tamén están inscritos deportistas do máximo nivel procedentes de Estados Unidos, Inglaterra, Arxentina ou Ecuador, entre outros.
A competición contará coa presenza das mellores marchadores nacionais en todas as distancias, como son os olimpicos Jesús Garcia Bragado nos 50 Km. É esta proba competirá o galego José Fernández
Nieves e Manuel Angueira que farán o seu debut na distancia.
Disputarase o campionato de España veteranos sobre unha distancia de 20 Km. que contará coa presenza de Pedro Abeledo, Pere Tobaruela e Manuel Treus serán os representantes galegos.
Sobre a distancia de 20 Km. a representación galega en mulleres, estaran entre as favoritas para facerse co titulo as galegas Lorena Luaces e Eva Maria Iglesias.
Por equipos Galicia presentará na categoria cadete a: Daniel Chamosa, Duarte Traseiras,Jorge Prieto, Cristian Dumbradas, Carmen Fuentes,Carmen Escariz,Maria Abeledo,Elena Fraguas e Celia Somoza
Para a categoria Júnior-Xuvenil os integrantes da nosa selección son: Francisco Durán, Armando Pereira, Fabio Pereira,Angel Menduiña, Pablo Maciñeiras, Rocio Carbia,Miriam Costas, Mar Chillón,
Maria Naveiras e Marisol Díz.
Galicia tratará de repetir o éxito alcanzado o pasado ano en Benicasim onde se proclamou campión en cadete mulleres e bronce en homes. Sendo prata na categoria xuvenil-júnior homes.
Atletas inscritos – Circular FGA Circuito