O LXVIII Campionato de España absoluto en pista cuberta disputarase os días
25 e 26 en Sabadell, coa participación dunha ducia de atletas galegos, pero con representación en todas as especialidades e varias opcións de medalla.
VIrginia Villar (Porto de Alicante) non planificara a tempada de pista cuberta. A boa actuación co seu club na Copa da Reina métea de cheo nun nacional ao que acode en bo estado de forma. O ano
pasado, en Valencia, colgouse o bronce os 60 m valos, proba na que é unha das figuras destacadas do panorama nacional.
Begoña Garrido (ADM) figura inscrita en 400 m e 800 m. Bronce tamén o ano pasado en 400 m, parte coa terceira mellor marca en ambas as dúas probas.
Outra aposta segura é a de Solange Pereira (Bikila), con posibilidades de medalla en 3000 m e 1500 m, proba na que obtivo o bronce en aire libre. A atleta demostrou a súa excelente progresión., sen
rival a nivel galego, e é nestas citas onde debe buscar o seu mellor rendemento. Tamén en 1500 m, Leticia Fernández Barbosa (OAAP), que se estrea nesta competición cunha das mellores marcas, e
aspira a deixar o seu tempo por debaixo de 4.30.
Nos concursos, Jean Marie Okutu(SGP), loitará polo chanzo máis alto do caixón e ese salto de oito metros, con rivais do talle de Eusebio Cáceres e Luís Felipe Méliz. Alfonso Palomanes(OAAP) buscará
mellorar a súa marca, aínda que máis centrado en prepararse de cara ao aire libre. Tamén Leticia Gil(ADAS), flamante mellor marca galega en lonxitude, competirá nun bo momento de forma. Paula
Ferreiros(LUCUS), estará en salto de altura.
Entre os máis novos, Belén Toimil(Playas de Castelló), que está a realizar unha fantástica tempada de inverno e acaba de ser seleccionada para o encontro internacional de lanzamentos longos. e
Rodrigo Avellaneda (CIMÁNS), que debutará en 200 m, con posibilidades de rebaixar o seu rexistro actual.
Este será o único heptahlon de David Gómez(RCCV) esta tempada. O céltico chega á cita tras estar parado dúas semanas, con molestias no solio. Santiago Ferrer(SGP) métese un ano máis nas combinadas
absolutas, tras o seu recente bronce promesa.
Flor Currás