Resultados

Eleuterio García deixa o seu cargo ao fronte da Delegación de Vigo

A Delegación de Vigo da FGA terá unha importante baixa no seu equipo directivo, o que foi su presidente durante moitos anos anunciou nestes días a súa baixa por motivos persoais. Eleuterio continuará como Vicepresidente da FGA traballando en pro do atletismo galego. Lembremos que a Delegación de Vigo sempre foi unha delegación caracterizada pola gran cantidad de eventos atléticos que acolle: xornadas en pista, campionatos galegos, campionatos de España, probas de ruta, etc. Eleuterio dará o seu relevo a Jeús Martínez, expresidente da Sociedade Atlética Val Miñor, quen será nomeado oficialmente polo presidente nos vindeiros días. Dende a FGA desexamos agredecer públicamente a Eleuterio todo o seu apoio e traballo en pro do atletismo e desexar a Jesús Martínez unha boa xestión neste novo cargo que asumirá dende estes días.

Compartir: