A boa acollida que tivo esta convocatoria, con dezaseis participantes, garante
a formación e futuro do atletismo local. Este curso foi convocado por proposta da Federación Galega co obxectivo de proporcionar aos interesados unha formación extraordinaria en relación ao ámbito
da iniciación deportiva e o alto rendemento, dotándoos de coñecementos teórico-prácticos impartidos por profesionais de recoñecido prestixio. Entre estes, o propio Isidoro Hornillos, presidente da
FGA, que impartiu as xornadas sobre velocidade, Mariano García-Verdugo, cos fundamentos do adestramento deportivo e José Manuel Hermida e Raimundo Fernández como responsables do sector de
lanzamentos
Tercer Tiempo digital