Resultados

XXVII Campionato de España Promesa.

Este fin de semana disputarase en Antequera o XXVII Campionato de España promesa en pista cuberta, coa asistencia dunha ducia de atletas galegos, maioritariamente mulleres.
Á espera da participación definitiva, importante presenza nas probas de fondo e medio fondo. Leticia Fernández Barbosa (Ourense Academia Postal) é a mellor situada nos 1500 m, nos que disputaría un duelo directo con Sandra Mosquera, do Comesaña, á que xa venceu no autonómico. Ambas as dúas, xunto coa céltico Esther Navarrete aparecen inscritas tamén en 3000 m, con boas opcións de conseguir metal. A tudense, que é promesa de primeiro ano, podería optar así mesmo á disputa do 800 m, ao igual que Iria Castro(OAAP), que tamén correrá o 1500 m.
En salto de lonxitude, e nun excelente momento de forma, Leticia Gil(ADAS) pelexará polo título con boas perspectivas.
Rodrigo Avellaneda (C.Comarca) buscará tamén un bo resultado en 200 m, referendando a súa progresión. Seu compañeiro de clubs Francisco Diaz Llera competirá una proba de 1500.
Nos 60 m valos, Teresa Miguélez e Samuel Paz(Afflelou Narón).
Tres son os representantes galegos en probas combinadas. En hepthlón Santi Ferrer (SGP) e David Ferrer (ADÍES), e en pentathlón, Lucía Seijas (SFL) Mais información

Compartir: