A Fundación Repsol en colaboración co Concello da Coruña organizan este domingo día 29 a Marcha pola integración. A mesma terá lugar ás 12:00 horas na Torre de Hércules e transitará por distintas rúas coruñesas a través dun circuito de 5 kilómetros tendo a meta na Praza de María Pita. Este evento solidario ten como principal obxectivo cubrir o compromiso social da Fundación Repsol co colectivo de persoas con diversidade funcional. (Mais información en www.fundacionrepsol.com)