A tempada de marcha atlética arrancou o domingo nas pistas de Balaídos en Vigo,
nunha mañá soleada, con condicións óptimas. A primeira xornada deste circuíto dedicado á memoria da xuíz Josefina Romero contou cunha discreta participación, con ausencias dalgunhas das figuras
máis representativas da especialidade. No caso dos máis pequenos, prexudicou o feito de que no Morrazo se disputase o zonal de campo a través.
Sobre unha distancia de 5 km os gañadores absolutos foron Armando Pereira (RCCV), cun tempo de 22.45.8 e Rocio Carbia (OAAP), en 25.26.2. En categoría infantil-cadete, con 3 km de percorrido, Brais
Prieto, 16.35.6 e Carmen Escariz, 15.50.1, ambos os dous do Cuntis. Os benxamíns David Tosar (Cuntis) e Lucía Fernández (ADAS) percorreron 1 km en 7.58 e das crías, destacou Roberto Vieiro (Cuntis)
en 2 km.
En xeral, boas sensacións para os atletas habituais, que terán unha importante cita o 4 de marzo en Pontevedra, sede do Campionato de España de marcha.
A vindeira xornada celebrase o Campionato Galego de Marcha en ruta en Pontevedra Resultados