A Pobra amaneceu no día de hoxe cun día soleado e centos de atletas veteráns cunha gran motivación para afrontar o Campionato Galego da súa categoría na modalidade de campo a través. O campionato contou cunha excelente organización que coidou en todo momento todos os detalles para o éxito da competición.
Os vencedores e Campións Galegos da tempada 2011/12 nas distintas categorías foron os seguintes: Patricia García e Rafael Fuentes (35), Mª de las Mercedes e Alejandro Gómez (40), Soledad Castro e Manuel Vigo (45), Luisa Lalín e Santiago Estevez (50), Carmen Rodríguez e Javier Toro (55), Olga Romero e Jose Luis Otero Cepeda (60), Antonio Hernandez (65). Antonio Cabana (70) e Enrique Río (75). Na clasificación por equipos (35-40) victoria para o Comesaña Sporting Club na categoría feminina e Ourense Atletismo Academia Postal na masculina. (ir a noticia ampliada) Resultados
A tempada galega de campo a través continúa celebrándose, nesta ocasión co Campionato Galego de Veteranos individual e por equipos que se celebrou na localidade da Pobra do Caramiñal. De forma
conxunta con este Campionato celebrouse no Circuíto da Praia de Cabio o III Cross Concello da Pobra, organizado pola Asociación de Atletismo e Deportes da Barbanza, o Concello da Pobra do Caramiñal
e a Delegación dá Federación Galega de Atletismo en Santiago de Compostela.
Un circuíto en inmellorables condicións, cunha climatoloxía excelente permitiu o desenvolvemento dunha xornada de campo a través que se iniciaría coas probas das categorías inferiores pertencentes
ao Cross Concello da Pobra. Os primeiros atletas en competir foron a partir das 10.00 da mañá os atletas cadetes e xuvenís, a continuación correrían os alevíns e infantís e por último a carreira
mixta de benxamíns.
O Campionato Galego de Veteranos curiosamente tivo os mesmos protagonistas que o ano pasado no mesmo circuíto: Soledad Castro, Alejandro Gómez, Rafael Fuentes e Manolo Vigo. As primeiras en
competir foron as mulleres das categorías júniors, promesa, senior e veteranas sobre unha distancia de 5300 metros. Dende o inicio da proba as dúas atletas do Comesaña, Soledad Castro e Mª de las
Mercedes Gomez impuxeron o seu ritmo seguidas a certa distancia pola atleta do Club Atletismo Noia, María Teresa Castro. Na proba a vencedora final seria a atleta do Comesaña Soledad Castro
sacándolle vinte segundos á súa compañeira de equipo. Por categorías subirían ao podium en F-40 Mercedes Gómez seguida de Teresa Castro e Belén Lemat; en F-45 Soledad Castro, Mª del Carmen Costas e
Purificación Bermudez; en F-35 Patricia García, Lola Martinez e Verónica Mon; en F-50 Luisa Lalín, Manuela Guisáosla e Mª Carmen Ferreiro; en F-55 Carmen Rodríguez, Begoña de Arriba e María Josefa
Freire; e por último en F-60 Olga Romero, Francisca Romasanta e Carmen Vasconcellos. Por equipos o primeiro posto lográrono as integrantes do Comesaña Sporting Club, seguidas das atletas da
Sociedade Atletica Val Miñor e en terceiro lugar as do Club Atletismo Ordes.
A continuación disputaríase a proba masculina de Veteranos M35-M40 sobre unha distancia de 7300 metros iniciándose cunha volta pequena para a continuación realizar 5 voltas completas ao circuíto.
Na línea a de saída homes importantes do atletismo galego como Alejandro Gómez, olimpico en tres ocasións, os irmáns Carlos e Daniel de La Torre, Elias Domínguez, Rafael Fuentes ou José Antonio
Ramallo. Ao inicio da proba formouse un grupo integrado por seis atletas entre os que tambien se encontraba xente importante como Daniel Bargiella ou Ricardo Vázquez. Na terceira volta un cambio de
ritmo importante deixa o grupo dividido, tirando do mesmo Rafael Fuentes xunto co seu compañeiro de equipo José Antonio Ramallo co que conseguiria enlazar Ricardo Vazquez. Finalmente o triunfo
disputaríano Rafael Fuentes e Alejandro Gomez resultando vencedor o primeiro. Por categorías no podio M-35 primeiro Rafael Fuentes de la Gimnastica de Pontevedra, seguido de Ricardo Vazquez e
terceiro José Antonio Ramallo; en M-40 o vencedor sería Alejandro Gomez del Club co mesmo nome, seguido de José Manuel Fernández e Daniel de La Torre. Por equipos o triunfo da proba foi para o
Ourense Atletismo Academia Postal, segundo lugar para o San Miguel de Marín e terceiro o A.D.A.S.
Achegándonos á unha do mediodia deuse a saída á proba de M-45 e seguinte,s que tendrian que percorrer 5300 metros. No primeiro quilómetro catro atletas logran unha vantaxe sobre os seus
perseguidores son Manuel Vigo, Saturnino González, José Antonio Paz e Adrian Pérez. No quilómetro dous Manuel Vigo del Club Universidade Santiago de Compostela decide incrementar o ritmo
respondendo só José Antonio Paz. Nos últimos quilómetros o vencedor da carreira estaba decidido, Manuel Vigo, sendo disputada a terceira posición da proba entre José Martinez e Victor Sande,
entrando o primeiro co mesmo tempo en terceiro lugar. Por categorías o vencedor en M-45 foi Manuel Vigo seguido de José Antonio Paz e terceiro José Martinez; en M-50 primeiro Santiago Estevez,
segundo Saturnino González e terceiro Adrian Pérez; na categoría de M-55 Javier Toro, Domingo Alvarez e Fernando Porto; en M-60 Jose Luis Otero, José Luis Rey e José Matias Regueira; en M-65
Antonio Hernandez, José Manuel Conde e Enrique Iglesias; en M-70 o vencedor foi Antonio Cabana, Antolín Rodríguez e terceiro Manuel García; en M-75 Enrique Rio e segunda posición para José Collazo.
Por equipos o vencedor foi o Club Universidade de Santiago, seguidos do Ourense Atletismo Academia Postal e terceiro o Atletismo Milladoiro.
Elena González