Resultados

Terceira e última xornada no módulo de Ourense.

Os atletas galegos aproveitaron a terceira e derradeira xornada disputada no módulo cuberto de Ourense para tentar mellorar os seus rexistros. A falta de mellores instalacións axeitadas para o inverno, esta é unha boa oportunidade para competir baixo teito, que se completa cos campionatos galegos a celebrar no Palacio dos Deportes de A Coruña.
Alfonso Palomanes voltou á competición tras unha lesión que o mantivo afastado dende xullo. Un mellor salto de 15.06m é o seu pasaporte para comezar a tempada. Por diante virán citas tan importantes coma o Gran Premio CAI Ciudad de Zaragoza ou o absoluto de Sabadell.
En salto con pértega destacou Santi Ferrer, con 4.42m, preparando a súa participación no promesa de Antequera.
Citar a, Alba Fernández Lozano , con 9.52 en 60mv e Alba Martinez 8.08 en 60m, e Aitana Leguiçano, 9.87 en 60mv. Resultados

Flor Currás

Compartir: