O vindeiro día 3 de febreiro terá lugar en Cerceda a Gala Anual do Atletismo Galego. Nesta gala como ven sendo habitual recoñecerase publicamente os méritos dos atletas, adestradores e clubes galegos máis destacados na tempada 2010/11, así como de outras entidades. Mais de 100 premiados participarán no evento e perto de 300 asistentes presenciaran este evento. En breve publicarase o listado de premiados. A Federación Galega de Atletismo desexa agradecer a boa disposición do Concello de Cerceda e todo o seu equipo directivo para acoller este evento na súa localidade.