No día de hoxe incorporáronse á Residencia Príncipe Felipe de Pontevedra perto de 50 atletas e adestradores para participar ao longo dos días 2, 3 e 4 de xaneiro na Concentración de Marcha de Nadal. A mesta está promovida pola Escola Galega de Marcha da Federación Galega de Atletismo e dirixida polo seu máximo responsable o ex-olímpico marchador Santiago Pérez Alonso. Participarán atletas de tódolos clubes galegos e das categorías cadete, xuvenil, junior, infantil (segundo ano) e promesas. A actividade encóntrase enmarcada dentro do Plan Galego de Tecnificación Atlética.