Boa actuación galega no cross de Venta de Baños

Este fin de semana varios atletas galegos desprazáronse ata Palencia onde se disputaba na xornada matinal do domingo a XXXII edición do cross internacional de Venda de Baños na que participaron atletas españois tan ilustres como Chema Martinez 3º, Juan Carlos Higuero 5º ou a lucense Alessandra Aguilar que finalizaría na 10ª posición na categoría sénior feminina.
O atleta Iván Manso-Pedrosa do club Franciscanos Lugo foi o claro vencedor na categoría cadete masculina sobre unha distancia de 4275 investindo un tempo de 15.23″ na que o seu compañeiro de equipo Ivo Maseda rematou en 4ª posición. Ambos os dous atletas realizaron a totalidade da proba comandando o grupo principal, na que a falta de 2 km Iván cun forte cambio de ritmo quedou en solitario á fronte da proba, lugar que xa non abandonaría ata a meta. Mentres o seu compañeiro Ivo perdía a 3ª praza nun disputadisimo sprint e Miguel Escarda, Adrián Diéguez e Saúl Jáuregui finalizaban na 11ª, 16ª e 29ª praza poñendo un magnífico broche á gran carerra dos atletas do Franciscanos.
Na categoría xuvenil masculina Miguel Otero del Ourense academia postal finalizaba na 5ª posición, o seu compañeiro Anxo Durán era 22º mentres os atletas lucenses do A.D.A.S, Jose González , José María Díaz eran 9º e 26º e Xavier Legaspi do Elite de Noia no posto 29 realizando tamén unha excelente carreira.
Na categoría júnior masculina Hugo Loureiro (OOAA) consiguiría a 6ª praza.
No apartado feminino destacar a 9ª praza obtida pola atleta do Club Franciscanos Luísa Manso-Pedrosa na categoría cría feminina. Xa na categoría xuvenil feminina a atleta do OOAA Cristina González finalizaba na 12ª posición mentres a atleta lucense Tamara Aguiar era 18ª.

Compartir: