Carreira do Pavo 2011

Un ano máis, e van cincuenta, o entorno da Praza de Compostela viguesa foi o escenario do Gran Premio Pedestre do Nadal, Carreira do Pavo, a máis antiga carreira pedestre de todas as que se celebran en Galicia. Nunha mañá fría e soleada, ao redor de oitocentos atletas disputaron as probas das distintas categorías, nunha cita ineludible para os afeccionados, tanto a nivel atlético como social, xa que ano tras ano se converte en punto de encontro do presente, pasado e futuro do atletismo galego.
Os vencedores da carreira sénior foron Solange Pereira (Bikila) e Hassan Lekhili (OAAP), o tandem gañador esta tempada en Galicia, xa que é a quinta vez que ambos os dous soben ao máis alto do podio na mesma proba. Na carreira feminina, Solange viuse superada pola atleta portuguesa Clarisse Cruz, que finalmente foi descualificada. Hassan impúxose con facilidade ao resto dos participantes.
Gañadores:
Benxamín: Elsa Pena (C. Alejandro Gómez) e Zecharías Fernández-Arroyo(Val Miñor)
Alevín: Sara Lima e Leonardo Guazzone (Val Miñor)
Infantil: Iria Rodríguez (At. Porriño) e Lorenzo González (Val Miñor)
Cadete: Uxía Pérez (Tui-Thermalia) e Yeray Gómez (Val Miñor)
Xuvenil: Sandra Rodríguez ( Val Miñor) e Helder Costa (Lisboa Benfica)
Júnior: Jenny Fernández (Val Miñor) e Gonzalo Basconcelo( RC Celta)
Promesa: Sandra Mosquera (Comesaña) e Manuel Martínez (SGP)
Veteranos: Mercedes Gómez (Comesaña) e Daniel Bargiela (Bikila)

Resultados

Compartir: