Nunha mañá fria, celebrouse nas pistas da Universidade de Santiago
o primeiro campionato galego da tempada coa disputa do de Marcha en pista.
A xornada comezou coa categoria benjamin sobre unha distancia de 1000 metros con vitorias de Ana Piñeiro del Vila de Cangas cunha marca de 6.26.0, entrando en segunda posición Lucia Fernandez do
ADAS con 7.28.6 e en terceiro lugar Ainoa Santos del Vila de Cangas cunha marca xde 8.02.8.
Na categoria benjamin masculina, soamente tomou a saída o atleta do Cuntis David Tosar, cruzando a meta en 8.33.2
A continuación correspondeulle a quenda á categoria alevína sobre unha distancia de 2000 metros, resultando vencedora na categoria feminina a atleta do Vila de Cangas, Valeria Fernández conseguiu a
medalla de ouro cunha marca de 12.43.9, estando acompañada no podio por Iria Rivas del Cuntis cunha rexistro de 13.38.7 e de Paloma Gonzalez del Ria Ferrol cun tempo de 13.47.6
En categoria masculina o grande dominador foi o atleta do Cuntis Roberto Veiro, cunha rexistro de 10.43.3, sendo segundo o seu compañeiro de club Javier Escariz con 15.03.3 e terceira posición para
Jesús Guimerans del Vila de Cangas cun tempo 18.55.5
:Los 3000 metros foi a distancia percorrida polos atletas das categoria infantil e cadete. Deuse o pìstoletazo de saída a ambas as dúas categorias, sendo un total de 20 participantes, resultados
vencedores Daniel Chamosa del Cuntis con13.42.2 e Carmen Escariz do cuntis con 15.50.9
Dende o inicio os atletas do Cuntis, Daniel e Carmen non deron opcións aos seus adversarios logrando ambos os dous uns bos rexistro. A marca de Daniel de 13.42.2, suponlle mellorar a súa anterior
mellora marca galega da categoria de 14.00.1 do pasado mes de Xullo en Cangas O podio estivo composto na categoria infantil por Antia Chamosa, Noa Garcia e Noa Ramirez en mulleres. En homes foi
Brais Prieto, Jorge Méndez e Andrés Obenza.
En cadete mulleres as atletas do Cuntis foron as grandes protagonistas ao copar o podio con Carmen Escariz, Carmen Fuentes e Elena Fraguas.
Daniel Chamosa, Jorge Prieto e Cristian Dumbrada foi o podio da categoria cadete
Pechouse o Campionato coa disputa da carreira absoluta, sobre 5000 metros de percorrido e os vencedores foron os grandes favoritos Jose Fernandez Nieves del Ourense Academia Postal, que despois de
varias tempadas en Oviedo, regresa a Galicia. José parou o crono en 22.32.9 e Eva Maria Iglesias del Bidezabal cunha marca de 24.22.4 Resultados