Hoxe publicouse a resolución provisional das Axudas económicas a atletas veteráns

Ata un total de 3.500 euros repartiránse entre tódolos solicitantes que cumpriron os requisitos para optar a unha das axudas que esta federación convoca anualmente para sufragar parte dos gastos derivados da viaxe a Campionatos do Mundo ou Europeo, sempre e cando o atleta obteña un resultado relevante no encontro. Entre os beneficiarios destas axudas atópanse Campións de Europa ou Recordamans europeos. Na Circular 73-2011 publícase o listado provisional.

Compartir: