Carreiras Populares nesta fin de semana: San Cibrao das Vinas, Carreira do Pavo e Adolfo Ros

Intenso fin de semana de carreiras populares. En San Cibrao das Viñas terá lugar a X Carreira Pedestre do Nadal evento que conta cunha gran calidade a nivel organizativo e que congrega a perto de 1000 atletas. No oeste da comunidade galega terá lugar a clásica Carreira do Pavo nesta ocasión será o L Gran Premio Carreira do Nadal, importante carreira popular que transcurrirá polas principais rúas da cidade olívica. E no norte de Galicia terá lugar o XXVI Memorial Adolfo Ros- Volta á Ría a celebrar en Narón cun percorrido de 21.097 metros, excelente proba para aqueles que disfruten das grandes distancias.

Compartir: