Gran inicio de tempada de Lorena Luaces: Nova mellor marca galega de 10 Km.

O pasado domingo no transcurso do XIV Trofeo de Marcha Atlética “Cerro Buenavista“, a nosa marchadora internacional Lorena Luaces lograba novamente batir a plusmarca galega da distancia de 10 quilómetros en ruta na súa primeira participación da tempada, establecendo o novo tope en 46:18.(o anterior record de 46.29 de febreiro do 2011 en Pontevedra, que ela poseia) A ourensana logrou ademais a segunda posición na proba, cedendo tan só ante Mª José Poves. Resultados

Compartir: