Un ano máis, Vila Nova de Cerveira acolleu aos
lanzadores galegos que se achegaron a participar na primeira das súas Xornadas de Lançamentos, unha boa oportunidade para comprobar o estado de forma e empezar a competir sen presión. Son os
atletas do sur de Pontevedra, especialmente Vigo, os que aproveitan estas convocatorias, das que carecen en casa. As instalacións, en Lovelhe, a organización e o excelente trato que reciben fan que
cada ano aumente o número de participantes.
Isaac Vicente (A.D.Marathon), actual campión de España de lanzamento de martillo, deixou constancia do seu bo nivel cun rexistro de 66.51m, unha marca que lle permite soñar con mellóraa necesaria
para meterse no Campionato Europeo e ata os JJOO de Londres 2012, con 73.75m e 74m respectivamente. Polo de súpeto, ten garantida a súa participación na Copa de Europa de lanzamentos que se
celebrará en Macedonia en marzo. O seu compañeiro Pablo Denís-subcampeón nacional promesa- estivo á altura e lanzou o artefacto a 60.09m.
Boa actuación cadete, tamén, na que Gonzalo Brotóns(San Narciso) e Víctor Pérez(AVA), en martillo, e Alejandro Carricoba(San Narciso) en jabalina achegáronse ás mínimas esixidas para o nacional
Resultados