Resultados

Éxito dos marchadores galegos en Toledo

O pasado sábado dia 26 disputouse a XXIV Edición do Trofeo Espada Toledana de Marcha atletica, e a representación galega tivo unha moi boa actuación.
Como vén sendo habitual nos ultimos anos os marchadores galegos veñen tomando parte do este evento, e unha vez máis demostrando o gran labor que se realiza na Escola Galega de Marcha.
As cadetes do Cuntis fixeron doblete na categoria cadete e sobre unha distancia de 3 Km. cuns regsitro de 16.14 e 16.24 a cargo de Carmen Escariz Mella e Carmen Fuentes Castro . O seu compañeiro de club Daniel Chamosa Dacasa impúxose con claridade na categoria cadete, parando en crono nuns excelentes 13.59, logrando mellorar o seu anterior mellor marca galega de 14.01.
Na carreira de 5 Km. interveu a junior do Ourense Academia Postal, Rocio Carbia Lojo, logrando impoñerse no seu categoria cun crono de 26.56. Resultados

Compartir: