Resultados

XXXIII Memorial Belarmino Alonso:

Mañá domingo dia 27 a partir das 10,30 huras disputarase en Vigo a 33ª edición do Memorial Belarmino Alonso, organizada polo Comesaña Sporting Club,.
Un ano mais espérase a participación de atletas de toda Galicia e Portugal, en liza por conseguir bos trofeos e premios en metalico
Moitos son os atletas con aspiracións de facerse co triunfo: Na carreira feminina Rafaela Almeida, terceira na pasada edición, pero cun obvio progreso atlético, resultou ser a ganadora da Carreira de Santiago con relativa facilidade, pero isto é campo a través e máis curto, o cal puidese favorecer os intereses da galega Solange Andreia Pereira, sen esquecernos doutra portuguesa, Andreia Santos. pero a estas non llo poñerán fácil Uenice Tavares, Raquel Suárez, Filipa Almeida, Sandra Mosquera… e unha que non será primeira pero que unha vez máis estará presente en postos dianteiros, a atleta que máis veces pisou podio nos “Belarminos” Soidade Castro.
En homes tratarán de conseguir sumarse ao historial nominal de vencedores, Carlos Costa, neste caso por segunda vez ao ser o vencedor da anterior edición , Hassan Lekhili, quen dous anos atrás quedo segundo, pero non cabo dúbida de que este marroquí afincado en Ourense e dominador das carreiras en ruta galegas, tamén subiu o seu nivel con respecto a entón, polo menos sería unha nova vitoria con licenza federativa galega. Logo, que non quere dicir detrás, temos ao mundialista de Arzúa, Manuel Anxo Penas, Delfím Conceiçao, Manuel Magalhäes, Ricardo Vale, Robertas Geralavicius, Juan Pena Holguín, Filipe Crisóstomo, o escrito, non é asfalto e iso nótase, sobre todo si chove, o cal non deixa de ser un signo de identidade desta proba. Mais información

Compartir: