Resultados

Mª. Dolores e Mª. Consuelo Guillan Moreira gañadoras da Placa Ramón Docal 2011

A Xunta Directiva do Comité Galego de Xuíces decidiu outorgar a Mª. Dolores e Mª. Consuelo Guillan Moreira a Placa Ramón Docal 2011. A Placa Ramón Docal é un premio que o Comité Galego de Xuices concede anualmente aos xuíces que pola súa dedicación e labor durante anos ao atletismo galego sexan merecedores desta premiación. Este galardón entregarase na vindeira Gala Anual do Atletismo Galego. Noraboa!

Compartir: