Hassan Lekhili e Solange Pereira vencen na San Martiño

Na primeira parte da tempada invernal, en canto a Carreiras Populares, temos dous claros protagonistas, en categoría masculina Hassan Lekhili e en categoría feminina Solange Pereira. O domingo 6 de novembro na XXXV Carreira de San Martiño en Ourense volveron demostrar que a día de hoxe son os atletas da nosa comunidade que se atopan nun mellor estado de forma. A carreira absoluta sobre unha distancia de 1ou kilometros transcorreu polas rúas ourensás situándose a saída na Ponte do Milenio e a chegada no Pavillón dos Remedios.
O pistoletazo de saída deuse ás 11.00 da mañá, momento no cal máis de 3000 atletas dispoñíanse a iniciar a 35 edición desta carreira ourensá. Hassan corría en casa e desde o primeiro quilómetro recibiu os aplausos do público o que lle animou a pór un ritmo forte desde o principio chegando ao segundo quilómetro cunha lixeira vantaxe sobre os seus perseguidores o lucense Gustavo Platas e Carlos Villamor que viña de conseguir un excelente resultado na Carreira Pedestre de Santiago. Tras eles o atleta cantabro Ivan Hierro xunto con Elias Dominguez, Manuel Hurtado e o atleta marroquí fincado en Porriño Akka Essaadaqui.
Na proba feminina Solange segunda clasificada en Santiago volveu a amosar formando parte xa do Club Bikila, que se atopa nun gran momento de forma, impuxo o seu ritmo desde o comezo e só a atleta do Ria Ferrol Raquel Pedrosa podía pelexar por achegarse. Pasado o quilómetro seis se aventaxaba en máis de 30 segundos da súa perseguidora e esta á súa vez distanciábase da terceira clasificada que era a atleta promesa Leticia Fernández.
En liña de meta o claro vencedor Hassan Lekhili logrou un tempo de 30.19 decidíndose nos últimos metros o podium da carreira sendo segundo Gustavo Platas e terceiro o atleta da Sociedade Ximnástica Carlos Villamor. O primeiro promesa en entrar en meta sería Santiago García e en categoría junior Hugo Loureiro do Ourense Atletismo Academia Postal.
En categoría feminina as posicións non variaron entrando Solange Pereira cun tempo de 35.50 en primeira posición, Raquel Pedrosa segunda e terceira Leticia Fernández que á súa vez era a primeira atleta promesa, en categoría junior subiría ao podium a atleta Rocío Carbia.
Na carreira de menores, atletas nados en 1995 e anos posteriores a saída situábase na Ponte do Milenio, o percorrido era de 4500 metros e a chegada do mesmo xeito que a proba absoluta estaba situada no Pavillón dos Remedios. O atleta estradense da categoría xuvenil, Miguel Otero impúxose con claridade cun tempo de 15.12, en categoría cadete Marcos Rosende do Atletismo Cuntis e en categoría infantil Lorenzo González serían os primeiros clasificados. En categoría feminina sensacional carreira da atleta infantil Iria Rodríguez, en cadete Angela Fernández e en xuvenil Sandra Rodríguez subirían ao primeiro caixón do podium.
En novembro do 2012 de novo miles de atletas apoiarán coa súa participación nunha das máis importantes carreiras do panorama atlético galego. Resultados

Na proba escolar, triunfo tamén para o estradense Miguel Otero, do Cuntis, por diante de Adrián Bouza, e Damián Esmerode. Iria Rodríguez foi a primeira das mozas nesta carreira, seguida de Sandra Rodríguez e Eva Cid. Resultados

Cronica Elena González

Compartir: