Resultados

A Federación Galega de Atletismo convocará un novo Curso de Monitor Nacional de Atletismo

A FGA está facendo un sondeo para elexir a sede do vindeiro Curso de Monitor Nacional de Atletismo que terá o seu inicio previsto para o mes de decembro. O Curso desenvolverase ao longo de 8 fins de semana, en horario da tarde dos venres e o sábado todo o día. O custo do curso será de 300 euros. Tódalas persoas interesadas en realizar a preinscripción deben cubrir o seguinte modelo de solicitude. Unha vez rematado o prazo de preinscripción a FGA publicará a sede definitiva do curso en función do número de solicitudes recibidas. Podes facer a túa inscrición ata o martes 8 de novembro ás 18:00 horas. (PREINCRIPCION)

Compartir: