Resultados

Ourense acolle este domingo a XXXV Carreira Pedestre de San Martiño

O Concello de Ourense organiza un ano máis a clásica Carreira Pedestre do San Martiño. Esta carreira que goza dunha excelente organización acollerá a perto de 5000 atletas que invadirán as principais rúas da cidade das Burgas. A proba cun percorrido de 10 kilómetros terá lugar este domingo día 6 de novembro a partir das 11:00 horas na Ponte do Milenio.Tamén contempla unha proba de 4 kilómetros para os atletas nados entre o ano 1995 e o 2002. (Mais informacion) (Atletas inscritos).

Compartir: