Carmenza Delgado y Martin Liste gañadores do Criterium de Outono

O pasado dia 22 Outubro desenvolveuse no Barco de Valdeoras o criterium galego de lanzamentos de outono na que unha boa cantidade de atletas se darían cita para tomar parte da mesma.
O criterium, que contaría a longo de toda a súa xornada cunhas optimas condicions climatoloxicas, daría comezo as 15.30 do serán ca proba de lanzamento de peso proba na cal o lanzador de categoría cadete do Vila de Cangas Pablo Castro convertiriase no protagonista da xornada ao acadar no seu 5º lanzamento unha marca de 16,80 m. sendo un novo récord galego cadete da especialidade. Pablo Castro que viña de facer unha excelente progresion ao longo de toda a pasada tempada acadaría asi outro novo récord galego que non fai máis que ratificar a súa exclente traxectoria na especialidade. Tamén Jose Fraga do Silva logrou a mellor marca galega na categoria M50 na proba de peso con unha marca de 11,09 metros. Na categoría feminia Ana Izquierdo do Atletismo Femenino Celta sería a gañadora con 10.25 m.
Na proba de disco o cadete do Atletismo A Silva Martin Liste acadaría uns excelentes 54.95 m. que presaxian unha boa tempada para este atleta que adestra Pepe Domínguez o cal esta a conseguir un interesantisimo grupo atletico nesa comarca de Cerceda. Martin con esa marca, e por puntuación internaciona,l acadaría un total de 763 puntos que lle valdrian para proclamarse gañador na categoría masculina do criterium de Outono. Na categoría feminina de novo victoria para Ana Izquiero que repetiria victoría ao igual que fixera en peso lazando deste o disco vez ata os 31.49 m.
Unha das probas que máis expectación tiña levantado era a proba de xavelina na que o atleta nas ringleiras este ano do Playas de castellon Borja Barbeito viña con serias posibilidades de batir o record de España Promesa máis nos prolegomenos da competición sufriria unha pequena lesion na zona do lombo que lle imposibilitaría lanzar. Mala sorte para Barbeito que de seguro contará con máis ocasions para tentar batir ese record que ten ao seu alcance. Asi a todo a proba seguiu contando ca particpacion do atleta internacional local Luis Nogueira que faría bos o seu lanzamiento de 58.00 m. para acadar a victoria na categoría masculina o mesmo que a súa compañeira de clube Monica Yánez que con 30.39 m. imporiase na categoría feminina
En martelo victoria para o lanzador local do ADAS Aaron Tato quen chegaría ata os 24.00 m. No tocante a categoría feminina a atleta biolimpica colombiana na modalidade de alteriofilia Carmenza Delgado malia non ter atopado boas sensacions ao longo do seu concurso mandaría o martelo ata os 50.32 m. marca que por taboa internacional supon un total de 763 puntos que lle proporcionaria a victoria no Criterium na categoría feminina. Resultados

Compartir: