A choiva e o vento foron os protagonistas da decimo segunda Carreira Pedestre
Popular Concello de Ames celebrada o domingo 23 de Outubro na localidade de Bertamirans.
A pesar das condicións metereoloxicas centos de persoas fóronse achegando ao paseo fluvial onde se disputarian as carreiras das categorias inferiores e onde estaba situada a meta da proba
absoluta.
Ás 11.00 da mañá deuse o pistoletazo de saída á proba de pitufos nenos e nenas nados no ano 2007 e posteriores e que recorreron unha distancia de 250 metros.
Seguidos as categorias prebenjamin, os rapaces do anos anos 2004-2005-2006, a distancia entre a saida e a meta era de 500 metros,
A mesma distancia que percorreron os moitos nenos da categoria benxamines que as 11.10 puxeronse as orde do xuiz de saida.
Na categoria alevin a distancia incrementouse bastante, percorrendo 1500 metros do paseo fluvial.
Os nenos e nenas das categorias infantiles e cadetes, sairon xuntos para enfrentarse a unha distancia de 2500 metros, os gañadores foron:
Infantil masculino: Tariku Novales
Infantil femenino: Lucia Suarez Crespo
Cadete masculino:Rafael Piñeiro Lestón
Cadete femenino: Xiana Rendo Mallo
Na proba absoluta nun circuíto de 7500 que alternaba a paisaxe rural co urbano, e que contou ca asistencia ademais do alcalde de Ames, Santiago Amor e varios concelleiros, o Vicepresidente da
Xunta, Alfonso Rueda, o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández e o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez
O protagonista en categoria masculina foi Robertas Geralavicius que sucedia a Juan Pablo Fernández vencedor en varias edicións desta carreira, seguido de el cruzaron a liña de meta Jorge Crespo
Arias en segunda posición e Oscar Ces Suarez en terceira.
En categoria feminina tambien houbo unha clara vencedora en Mª Carmen Penas Blanco, irma do internacional de Arzua Lolo Penas, a segunda e terceira clasificada, foron Teresa Castro Villaverde e
Eusebia Maldonado respectivamente.
Trátouse dun evento consolidado que reúne cada ano a mais atletas da zona e doutras localidades de Galicia Resultados