Resultados

Media Maratón de Pontevedra: Hassan Lekhili e Yolanda Gutierrez vencedores.

Foi unha xornada inesquecible a que se viviu na mañá do domingo en Pontevedra, preto de 1.200 atletas apuntáronse a unha carreira que bateu todos os records de participación o que obrigou a non baixar a garda para que todo saíse perfecto. Contra a choiva e o vento, sobre todo o vento, non houbo nada que facer; os corredores víronse prexudicados na Avenida de Uruguai, a Avenida de Buenos Aires e sobre todo na Avenida Reina Vitoria; aínda así foron moitos os que melloraron a súa marca persoal, pero non a cabeza da carreira onde o gañador Hassan Lekhili, actual vencedor de Coruña 10 e Vigo 11 realizou un tempo de 1.09.14, tres minutos por encima do vencedor de ano pasado, mentres que a gañadora, Yolanda Gutiérrez, impúxose con 1.20.35, a 6 minutos do tempo da anterior edición.
O vencedor Hassam Lekhili compartiu podium con Gustavo Nieves e Elias Dominguez, que cruzaron a meta nun tempo de 1.09.19
En mulleres o podium Yolanda estivo acompañada de Esther Pedrosa con 1.24.50 e Eva Iglesias con 1,28,35
Foi unha carreira de records, con 1.106 atletas que tomaron a saída, dos que 56 mulleres chegaron a meta, Resultados

Compartir: