Criterium Galego de Lanzamentos de Outono – Xornada Copa Diputacion

O proximo sabado dia 22 de outubro, as pistas de atletismo do Estadio Municipal de Calabagueiros en O Barco acollerá o Criterium Galego de Lanzamentos de Outono, unha proba xa habitual nesta Delegación.
A proba estrela será o lanzamento de Xavelina onde tomarán parte o actual campión de España Promesa, Manuel Uriz e o subcampión Borja Barbeito que tratarán de mellorar o seu grandes rexistro de 72,00 e 67,75 desta tempada. Tamén competirá o campeon mundial de veteranos, o atleta local Luís Nogueira.
Á vez programouse a 13ª xornada da Copa Deputación, con probas para a categoría menores.

A competición dará comezo a partir de 15,30 coa celebración da proba de martelo, finalizando a xornada sobre as 19,30 horas
Atletas inscritos

Compartir: