Resultados

Hasam Lekhili e Solange Pereira vencedores en Vigo+11

Hassan Lekhili inscribeu o seu nome no palmarés da Vigo+11Trofeo O Corte Inglés despois dun exercicio de autoridade polas rúasda cidade olívica, onde o santiagués Pedro Nimo viuse obrigado aretirarse e onde Solange A. Pereira foi a vencedora en mulleres.Como se esperaba, batéronse marcas de participación, con 1.253 corredores en meta .No deportivo, poucas sorpresas. Vitorias para o marroquíHassan Lekhili -arrasadora- e a española Solange A. Pereira -moipelexada con Patricia Mendes-. Pedro Nimo, un dos atractivos da proba,abandoou antes da metade ao non ter boas sensacións Aínda con él en carreira, Lekhili foise só con facilidadeno segundo quilómetro e despois limitouse a manter o ritmo. O seu compatriota Akka Essaadaoui foi segundo toda a proba e Daniel Bargiela superou a Elías Domínguez nos últimos metros para completar o podio.

Moito máis igualada resultou a proba feminina. Cumpriuse o esperado duelo entre a canguesa de adopción Solange A. Pereira e mosense de adopción Patricia Mendes.

A mediofondista tomou o mando de inicio, despois viuse excedida polo comesañemse e, ao final, recuperoua primeira praza mercé á súa maior velocidade punta. Apenas catros egundos decantaron o fermosa loita, con a veterana Soledad Castro-sen palabras- terceira.”. Resultados
Fotos:Flor Currás

Compartir: