O pasado domingo dia 16 disputouse a 1ª Carreira dá Auga no concello de Sada,
organizada polo Concello e o club local, Club atletismo Sada.
A diversas carreira deron comezo ao dez da mañá. A xornada comezou cun quecemento para os máis “peques” dirixido polo atleta internacional o coruñés Andrés Díaz, para posteriormente dar o
pistoletazo de saída das diferentes categorias desde prebiberon ata infantil.
Posteriormente tivo lugar unha andaina solidaria na cal deu comezo ás 11.15 a cal tomará parte por Miguel Juane exinternacional da selección de baloncesto e xogador do Clesa e Forum Filatelico
entre outros.
Unha vez concluída a andaina deu comezo a proba estrela de 10 Km. Solidarios aos longo do concello de Sada. A saída e meta estiveron situadas na Casa da Cultura, facendo un percorrido polo paseo
maritimo, pasando pola avenida de Barrie da Maza, para trasladarnos a Mondego, continuabndo por Fortiñón onde estaba situado o punto de avituallamento no Km. 5,5 para tomar o camiño de volta pola
estrada de Riobao, volvendo ao paseoa a través da Avda. de Barrie, finalizando na Casa de Cultura Pintor Llorens.
O primeiro atleta dos 395 que cruzaron a linea de meta foi o coruñés Manuel Oliver, seguido a máis dun minuto polo seu compañeiro de club Javier Touris, estando acompañado no podium por Angel
Maceira.
Unha vez máis a presenza femenina foi moi inferior á masculina, sendo a vencedora nesta primeira edicción Eusebia Maldonado, seguida por Veronica Montes e en terceira posición Sonia Botana
Resultados