Presentación da Coruña 10 – Campionato Galego de 10 Km., en ruta

Onte celebrouse no Concello da Coruña, a presentación de V Edición da Coruña 10 – Campionato Galego de 10 Km. , que se disputará o proximo domingo dia 9 con saída desde o Obelisco da cidade herculina
Estiveron presentes en Concelleiro de Deporte Francisco Mourelo. Roberto Garcia, delegado de deportes da Xunta de Galicia, Isidoro Hornillos, presidente da FGA, Pati Branco, responsable do O Corte Inglés e Madó Gonzalez, nova directora técnica da FGA, e diferentes medios de comunicación da cidade.
Nesta pequena rolda de prensa, os presente agradeceron a colaboración de Gadisa. Novacaixagalicia, Coca-Cola, Hospital Santa Teresa, Colexio Oficial de fisioterapeuticos de Galicia, asi como aos clubs coruñesa, Coruña Comarca, Marineda Atletico e Riazor Coruña.
Máis de 2.500 corredores tomarán as rúas da Coruña nun circuíto de 10 quilómetros que atravesará as principais avenidas do centro da cidade, no que será, ademais, o Campionato Galego de 10.000 metros en ruta. A absoluta, na que participarán todos os corredores séniores; promesa, júnior e veteranos e onde terán que cumprimentar unha distancia de 10.000 metros. O circuíto, que simulará ao de anos anteriores, discorrerá ao longo de 10 quilómetros. A quinta edición da Coruña 10 na que se prevé superar todas as marcas de participación contará, aínda por riba, cunha elevada contía en premios.
Recordatorio:
A organización agradece a todos os inscritos e co fin de evitar aglomeracións o dia da carreira, retiren o chip e o dorsal na tenda do O Corte Inglés na rúa Manuel Murguia – Casa do Auga da Coruña en horario de 10.00 a 14.00 horas e 16.00 a 20.00 horas.
Lémbrase a obrigatoriedade de presentar o xustificante de transferencia a todos os corredores que non esten federados pola FGA
.

Compartir: