Campionato de España de clubs junior. O A.D.A.S. á final.

A fase previa do Campionato de España de clubs junior disputada en León o pasado sábado tivo unha marcada cor galega, xa que cinco do dez equipos participantes eran da comunidade. Os mellores atletas xuvenís e junior déronse cita para tentar colocarse nun do sete postos que daban acceso á final nacional a celebrar o día 22 en sede a designar.
Durante a xornada, tanto o A.D.A.S. masculino como o Real Club Celta ocuparon os postos de cabeza, deixando claras as súas opcións para meterse entre os mellores. Con todo, a descualificación dos vigueses na última proba, o 4x400m, privoulles de cultivar a recompensa final.
Os resultados finais son:
ADAS: 12782 puntos, 6º e pasa á final.
RCCV: 12377, 10º.
LUCUS: 10197, 17º
Feminino:
LUCUS: 11682. 11º
CELTA: 9761, 14º Resultados

Flor Currás

Compartir: