Carreira Aquama: Elias Dominguez e Solange Pereira vencedores

O domingo dia 2 A ruta Aquama estreouse onte no calendario galego de carreiras populares pedestres cun rotundo éxito de participación (case uns 450 atletas de todas as idades) sobre o circuíto deseñado no complexo deportivo de Acea de Ama en Culleredo.
Os primeiros vencedores que figurarán no palmarés da ruta Aquama son Elías Salvador Domínguez (subcampión de España de maratón hai dous anos) e Solange Pereira (medalla de bronce no Campionato de España de 1.500 metros en pista e internacional sub 23 na mesma distancia), que se fixeron coa competición absoluta.
O Coruña Comarca foi o mellor na clasificación por clubs, xa que situou a catro dos seus atletas entre os dez primeiros da táboa. O Milladoiro foi o segundo.
A organización mostrou a súa enteira satisfacción polo desenvolvemento de próbaa debut no calendario pedestre e agradeceu o esforzo dos empregados de Aquama, ademais da comprensión dos usuarios do complexo deportivo. Así mesmo, destacou o labor da Federación Galega de Atletismo e do seu comité de árbitros nesta primeira edición da carreira popular. Resultados mayores Nenos

Compartir: