Comunicado Urxente: I Carreira Aquamar

O PARQUE DEPORTIVO DE ACEA DE AMA, “AQUAMA” comunica:
Que por motivos alleos a organización do evento “I Ruta Aquama” que atañen a motivos de seguridade vial notificados hoxe venres, vémonos obrigados a modificar os percorridos das probas previstos no regulamento, tendo que realizar estes íntegramente no interior do Parque Deportivo de Acea de Ama. Esto supón que a proba deixará de ser unha proba feita sobre asfalto a converterse nun circuito mixto de terra, herba e asfalto. A organización pide desculpas por este feito, única saída posible para evitar a suspensión definitiva do evento. Calquer corredor que desexe solicitar a devolución do importe da inscrición, poderá solicitalo no teléfono 981 664500. Poderán consultar toda a información nas seguintes páxinas web.
www.aquama.net
www.championchipnorte.com
www.atletismogalego.org
Así mesmo advertimos que os accesos o Parque con vehículos atoparanse pechados ata as 12:00 horas.
A entrega de dorsales realizarase nas oficinas do Parque Deportivo na zona do campo de fútbol a partir das 9:00 horas. NOVO PERCORRIDO

Compartir: