Resultados

A FGA convoca axudas para os adestradores que desexen participar nas Xornadas sobre atletismo categorias inferiores da RFEA

A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar na Circular 65-2011 unha convocatoria de axudas para adestradores galegos que desexen acudir ata Madrid para presenciar o día 8 e 9 de outubro as XIII Xornadas sobre o Presente e Futuro das Categorías Menores en Atletismo.

Asemade, a Escola Galega de Adestradores coorganizará conxuntamente co Departamento de Didácticas Específicas da Universidad da Coruña e Sportis. Formación Deportiva e ca colaboración do Concello da Coruña, no mes de novembro os días 18-19 e 25-26, as I Xornadas Técnicas sobre a Programación e Pedagoxía do Adestramento en idade escolar, que se celebrarán na Coruña, no Salón de Actos da Delegación Provincial da Secretaría Xeral para o Deporte. Circular 65-2011 Xornadas Deporte Escolar

Compartir: