Resultados

Final Circuíto Galego de Marcha “Memorial Josefina Romero”

Antes de dar o pistoletazo de saída ao GP Premio Cantóns da Coruña e como vén sendo habitual nos ultimos anos a FGA organizou probas para os marchadores galegos e disputouse a Final do Cirucito Galego de Marcha que constaba de catro xornadas celebradas en pasadas datas nas localidades de Vilagarcia, Cuntis, Cangas e A Coruña.
A xornada das máis novas non defraudou e os alevíns e benjamines fixeron un percorrido de 1 Km. resultando vencedores os alevíns Roberto Vieiro e Noa Ramirez do Cuntis, con mellores marcas galegas cuns cornos de 5.15 e 5.40. En benjamines fixéronse cos trofeos Hugo Reinlen do Sada con 7.12 e Valeria Fernandez do Vila de Cangas con 6.10.
A segunda proba disputa foi de 3 Km. para as categorias infantís e cadetes con triunfos de Daniel Chamosa do Cuntis e Maria Abeledo do Narón con 14.10 e 15.44 en categoria cadete, sendo Carmen Escariz e Brais Prieto do Cuntis con 16.16 e 17.47 os vencedores en infantís.
Por ultimo foi a categoria absoluta en tomar a saída sobre unha distancia de 5Km, e o actual campión galego Francisco Durán do Ourense Academia Postal, demostrou a súa superioridade, cruzando a meta cun tiempote 23.53. A gran favorita en mulleres non defraudou e Eva Iglesias Gonzalez resultou vencedora cun crono de 24.26.
Como colofón o Presidente da FGA, Isidoro Hornillos, nun acto entrañable, recordo á que fose nosa amiga e compañeira Josefina Romeu, e fixo entrega dun ramo de flores ao seu esposo Manuel Teijeiro.


ResultadosFOTOS

Compartir: