O XXV Gran Premio Cantóns da Coruña deu a coñecer onte os nomes dos mellores atletas do mundo, tanto en categoría masculina como
feminina.
Os campións de marcha dos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 e dos Mundiais
disputados en agosto na localidade coreana de Daegu, non fallaron na cita coruñesa e cada un deles embolsáronse 30.000 dólares (21.700 euros), dos 202.000 (146.500 euros) que se repartían na final
da Challenge mundial de marcha. Deste xeito, reuníronse na Coruña atletas femininas e masculinos de gran nivel representantes de países de todo o mundo, para correr a marcha atlética en busca do
campión mundial. O marchador ruso Valery Borchim foi quen alcanzou a vitoria nos Cantóns cun gran rexistro de 38.43. No
podio estivo acompañado polos marchistas de orixe chinesa Zhen Wang e Yafel Chu con 38.50 e 39.07, respectivamente.
O mexicano Ever Palma Oliveirais animou a carreira nas primeiras voltas, nas que marcou mellores tempos que o resto de competidores, pero no ecuador da proba, que era de 10 quilómetros, o atleta
azteca, que acabou noveno, non puido manter o ritmo dos seus compañeiros e Borchin e o chinés Zhen Wang alcanzáronlle e disputáronse a vitoria.
O campión ruso conseguiu afastar aos poucos ao chinés, ao que avantaxou en sete segundos ao cruzar a liña de meta. A 17 segundos do subcampión e 24 do primeiro clasificado chegou o vencedor da
anterior edición do Gran Premio Cantóns, o chinés Yafei Chu, que non puido repetir triunfo.
O portugués Joao Vieira chegou a tres segundos de Chu, e instantes despois cruzaron a meta ao mesmo tempo o mexicano Eder Sánchez, quinto, e o irlandés Robert Hefferman, mentres que o español Jesús
Anxo García Bragado concluíu a proba coruñesa en décimo cuarta posición cun tempo de 41 minutos e 23 segundos.
En mulleres cegou a atleta rusa Olga Kaniskina, que demostrou todo a súa poderío
e venceu cun rexistro de 42.39. Tras o ouro, entrou en segunda posición a chinesa Hong Liu con 42.57 e en terceira posición a alemá Melannie Seeger con 43.09
A final da Challenge estivo moi igualada ata que a chinesa Hong Liu atacou á rusa Kaniskina superada a sexta volta do dez que tiñan que dar ao circuíto urbano dun quilómetro da Coruña. Kaniskina
foi unha sombra para a atleta chinesa e despediuse dela despois do oitavo paso pola liña de meta. A doce segundos de Liu chegou a alemá Melanie Seeger, á que seguiron as portuguesas Ana Cabecinha e
Susana Feitor e a española Beatriz Pascual (43:46), que defendía o triunfo que logrou o ano pasado. (A opinión)
Valoración do Presidente da FGA
Tras o éxito do XXV Gran Premio Cantóns da Coruña, Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo, asegurou que estaba “moi
satisfeito e feliz coa competición e o seu resultado”. “Organizar algo tan grande e importante é complicado, pero o Concello da Coruña e a propia Federación traballaron moito e conseguimos algo moi
bo”, explicou Hornillos.
Os mellores atletas de todo o mundo reuníronse na cidade herculina para disputar a última proba do Challenge Mundial de Marcha, nunha xornada que comezou a metade de tarde e sen contratempos. “Unha
xornada brillante con atletas de alto nivel e con dous alicientes moi importantes: o público e a boa climatoloxía durante toda a tarde, comentou Isidoro Hornillos.
Multitude de coruñeses achegáronse onte aos Cantóns para gozar da competición atlética que tivo lugar entre Praza de Mina e Porta Real, a pesar de que xogaba o Deportivo á mesma hora. “Non
coñeciamos o do Dépor porque este é un evento organizado desde hai moito tempo, pero aínda así a afección respondeu ben e vimos como o público coruñés está comprometido co atletismo”, dixo o
presidente da Federación Galega de Atletismo. Resultados FOTOS VIDEO