No Concello da Coruña presentouse o GP Cantóns da Coruña nas súas
vodas de prata e o acto estivo presidido polo Excmo. Sr. Alcalde Don Carlos Negreira, acompañado polo Presidente da FGA Don Isidoro Hornillo Baz,
Tambien fixeron acto de presenza as figuras máis relevantes no panorama da marcha atlética. Desde Maurizio Damilano, director técnico da IAAF e antigo campión olímpico e mundial, ata Olga
Kaniskina, Hong Liu, Valeriy Borchin e Zhen Wang, líderes do Challenge este ano e dominadores desta modalidade na actualidade.
Pero mañá, o sitio dos mellores estará sobre o asfalto. A partir das 18:30 os homes botarán a andar, e as mulleres farano unha hora máis tarde, nun percorrido que este ano se reduce, do habituais
vinte quilómetros, a tan só dez. É xa innegable é que A Coruña se converteu nunha cidade referencia para a marcha atlética a nivel internacional. Xa sexa polas súas calidades excelentes para o
desenvolvemento do atletismo ou pola boa organización demostrada ata o momento, a cidade non bota o freo. E ollo, porque o concelleiro xa aventurou que o obxectivo é albergar unha proba
internacional de maratón o próximo ano.