Resultados

Jean Marie Okutu: Non logra a minima para o Mundial e Belen Tomil bate a mellor marca galega de disco xuvenil

Onte venres dia 12, o atleta da Sociedade Ximnástica afrontaba a súa última oportunidade para conseguir os 8 metros e 10 centímetros que lle daban o pasaporte ao mundial no salto de lonxitude, os seus mellores saltos foron na segunda tentativa con 7.74 e a sexta e última con 7.73. Ao pupilo de Javier Medrano víronselle saltos de oito metros pero non conseguiu que os mesmos apurasen a táboa de batida, xusto ao bordo da liña onde se empezan a medir os saltos e isto ao final restáballe eses centímetros que necesitaba.
Tamén na tarde do venres, houbo unha gran noticia a cargo da atleta do Narón, Belén Toimil que bateu a marca galega xuvenil de lanzamento de disco con 45.59, o anterior record ostentábao, María José Sanromán, que foi atleta do Real Clube Celta , desde o ano 1988. Resultados

Compartir: