Unha Gala Anual de premio e estímulo

A Gala do Atletimo Galego 2017 desenvolveríase no día de onte no Concello de O Barco de Valdeorras baixo un ambiente de festa e recoñecemento a gran labor de todo o colectivo atlético.

O acto comezaría ca entrega das medallas de Ouro da FGA que recaerían na Xunta de Galicia e que recollería a súa Secretaria Xeral Marta Míguez e ó Recinto Feiral Expourense que sería entregado á Directora Xeral de Consumo e Comercio Sol Vázquez. Tamén se lle distinguiría con esta máxima condecoración a Xosé Lois Foxo, Director da Real Banda de Gaitas de Ourense pola cesión do Himno da Federación Galega de Atletismo.

A gala transucurriría de maneira amena na que as premicións ós distintos estamentos iríanse simultaneando con algunha actuación. José Manuel Martínez recibiría a placa Ramón Docal en recoñocemento a súa traxectoria coma xúiz  recaendo o premio ós millores atetas do ano en Ana Peleteiro na categoría feminina e no  equipo da Selección Galega do relevos 4×100 no apartado masculino. No resto de modalidades Pepe Domínguez recibiría o premio como mellor adestrador de promoción, Basilio Bernardez e Angeles Rodríguez ós mellores atletas master; Adrián Ben e Saleta Fernández como mellores atletas galegos sub23. No apartado de clubs un ano máis a premiación ó mellor club do ano iría parar á Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Millaraio e Ourense Atletismo recibirían a súa distinción no apartado de promoción. José Manuel Hermida sería outro dos importantes distinguidos nesta gala anual, no apartado de adestradores.

A foto de familia con todos os homenaxeados poría punto e peche a unha xornada de festa, recoñocemento e homenaxes.

Compartir: