A Xuíz Árbitro Loreto Pérez, no Panel ITOs da IAAF

De novo os méritos contraidos polos xuíces galegos tanto a nivel nacional coma internacional volven ser portada.

Desta vez sería a Xuíz Árbitro Loreto Pérez Román, quen acaba de lograr o acceso ó panel de Oficial Técnico Internacional da IAAF (ITOs).  Xunto a ela, outros tres xuíces españois integrarán este grupo cuxos membros están capacitados para poder exercer coma Xuíces Árbitros en diferentes competicións internacionais durante os vindeiros 4 anos. Eles serán os que teñan a decisión final (previa ó Xurado de Apelación, no seu caso) sobre calquera cuestión técnica ou disciplinaria. A IAAF delega neles unha gran responsabilidade na alta competición internacional, o que explica a enorme esixencia das probas selectivas para acadar o acceso a este Panel.

Entre os seus trinta e sete integrantes a nivel mundial, nove son mulleres entre as cales que se atopa a xuíza galega.

Máis info

 

Compartir: