Fantástico a actuación dos equipos galegos, Vila de Cangas e Beade en mulleres e Sociedade Gimnástica de Pontevedra, Franciscanos de Lugo e Millaraio en homes, no II Campeonato de España Infantil por equipos celebrado en Valladolid. O Vila de Cangas proclamouse campeón de España con Ana Piñeriro primeiro nos 2000 marcha e Valeria Rodríguez terceira no peso como resultados mais destacados. Nos homes os millores resultados individuais viñeron da man de Carlos Alvarez segundo na lonxitude e nos 1000 e de Hugo Martínez nos 2000 marcha, ámbolos dous do Franciscanos.
Fotos: Vila de Cangas e David Ferrer