Actividade fin de semana: pista e ruta

Importante fin de semana de competiciones en pista. A atención estará en Valladolid, Alcobendas, Lugo e Ourense. En Valladolid disputarse o II Campeonato de España Infantil por equipos no que Galicia estará representada por a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, Franciscanos de Lugo e Millaraio en homes e polo Vila de Cangas e o Beade en mulleres. En Alcobendas serán os cadetes os que disputarán o Campeonato de España de Selecciones Autonómicas. Xa en Galicia, os centros de atención estarán no control Arde Lugo e no Ourense Termal Athletics Meeting. Na ruta, tres son as carreiras incluidas no calendario oficial da FGA: a XII Carreira Nocturna de Celanova, V Carreira Popular Concello de Carballo pertencente o III Circuito de Carreiras Populares da Diputación da Coruña e a III Rompepernas de Magalofes.

Compartir: