Tres son os atletas galegos convocados pola RFEA para tomar parte no Campionato de Europa de Seleccións que se disputará o vindeiro fin de semana na localidade rusa de Cheboskary. O marinense Jean Marie Okutu estará na lonxitude e no relevo 4×100, Frank Casañas no lanzamento de disco e Solange Pereira, para quen será o seu debut nunha proba destas características, nos 1500.