O Campeonato de Galicia Xuvenil, Junior e Promesa disputado nas Pistas Universitarias de Elviña deixou marcas destacadas e probas de gran nivel: protagonismo de Ana García nos 2000 obstáculos logrando a mínima para o Mundial Xuvenil que se vai celebrar en Cali (Colombia) no mes de xullo, a atleta do Adas con 6.57.7 lograba batir o seu propio record galego que acadara en maio en Lugo; Eugenia Gil do Club organizador Marineda Atlético demostraba que está na sua mellor tempada batendo o record galego junior de 400 metros con 56.28 record que estaba en posesión dende o ano 1998 de Ana Salgado. Outros atletas que destacaron foron Saleta Fernández con 1.71 en salto de altura, Paula Ferreiros do Lucus con 56.24 nos 400 metros, as atletas do Comesaña Angela González con 2.11.50 nos 800 metros e Carmela Cardama en 1500 facendo unha carreira en solitario e logrando 4.28.95; Claudia Rojo del Club Ria Ferrol vencendo nos 100valados e 400 valados; espectáculo dos xuvenis do Lucus Adrian Ben e Miguel González nos 3000 metros correndo o primero en 8.27.0; Carlos Moro do Riazor Coruña en 400 vallados con 53.89, Iago Nuñez do Lucus con 14.86 e Samuel García atleta xuvenil do Barbanza con 13.55 en triple salto foron outros dos destacados. Tamén probas moi disputadas ata o último metro como os 800 masculino no que vencería José González do Lugo Running Club en disputa apretada con Jorge Puig da SGP e os 400 metros xuvenis con Angel Vargas da Gimnástica e Alberto López del Marineda.