Jean Marie Okutu na lonxitude e Ana Peleteiro no triple serán dous dos grandes protagonistas do XVIII Trofeo Internacional Ciudad de Salamanca-Memorial “Carlos Gil Pérez” que se celebrará o sábado nas Pistas de Atletismo da cidade salmantina. Salientar, tamén, a presenza dos velocistas do Coruña Comarca Mauro Triana e Denis Galán nos 100 e 200 e de Belén Toimil no lanzamento de peso.