Mañá ás 12:00 horas terá lugar no Concello da Coruña a presentación da histórica proba organizada pola FGA en colaboración co Concello da Coruña, o Gran Premio Internacional Cantones de Marcha de A Coruña, que este ano acolle tamén o Campionato de España de Veteráns de marcha. Ao acto asistirá o presidente da FGA D. Isidoro Hornillos, Jordi Llopart, varios atletas internacionais participantes na proba e diversas autoridades do ámbito político.
Tamén farase a presentación do Campionato de Galicia de pista aire libre, xuvenil, junior e promesa, contando ca presenza do presidente do Club Marineda Atlético, entidade co-organizadora do evento.