O Club Atletismo Sada e UNICEF Comité
Galicia asinaron no día de onte un convenio de colaboración que pretende afianzar a relación xa existente entre ambas entidades e cuio obxectivo é contribuir a mellorar a situación da infancia en
Níger. No marcoa da campaña de movilización Gotas para Níger, o acordo recolle a organización de eventos deportivos para promover os dereitos da infancia e dar a coñecer a importancia da auga. A
este acto de sinatura asistiu a presidenta UNICEF Galicia, Myriam Garabito, o representante de EMALCSA, Ricardo Vázquez, e o presidente do Club Atletismo Sada,
Fernando Míguez. Dende a FGA felicitamos a este club polas importantes iniciativas que está a desenvolver. (Máis información aqui)